Teño un negocio
Negocios locais
Restaurante, aloxamento, perruquería, clínica, taller ou despacho. A túa web e a túa app, e as pezas que queiras enriba.
Desde 29 €/mes + IVE
IA e márketing para negocios · Pontevedra
Primeiro ensinámoscho, de balde. Logo escolles as túas pezas, coma nun lego: a túa web, as túas reservas, un asistente con IA que contesta por ti, as túas recensións e as túas redes. Pagas a suma e nunca perdes o de abaixo.
Non sabes por onde comezar? Toca o teu caso e márcamosche o que adoitamos recomendar:
Primeiro ensinámoscho, de balde: a túa auditoría e a túa web nova funcionando no teu móbil.
Logo escolles as túas pezas: cada unha vai enriba das que xa tes e pagas a suma.
O que non facemos nós, faino ti: na túa app tes os teus clientes, a túa axenda, os teus cobros, as túas recensións, as túas redes, os teus emails e os teus anuncios.
Escolle as túas pezas
O prezo é a suma. Calquera combinación vale. Prezos ao mes, sen IVE.
Alta (o pagamento único por poñelo en marcha): 0 € polo lanzamento en vez de 290 €
Ata o 31 de decembro de 2026. Mes a mes, sen permanencia, e 30 días de garantía.
Como comezamos
Só co nome do teu negocio: como te ven en Google, nas recensións, na túa web e fronte á túa competencia, con tres oportunidades en euros.
De balde
A túa guía de marca e a túa web nova, con reservas e asistente, funcionando no teu móbil. Ensinámosche todo o que poderás facer desde a túa app.
De balde
Recomendámosche unha combinación, pero decides ti. Proposta nunha páxina, co prezo, que é a suma. Asínala desde o móbil.
Desde 29 €/mes
Web publicada, app no teu móbil e pezas activadas. Explicámosche a app e desde aí tes 30 días de garantía.
Garantía de 30 días
A túa app, desde o primeiro día
Coa túa web e a túa app xa podes levar o teu negocio ti mesmo. Cada peza que engades é algo que pasamos a facer nós por ti.
| Peza | Coa túa app, faino ti | Coa peza, facémolo nós |
|---|---|---|
| Resérvanche sós+49 €/mes | Levas a túa axenda e a do teu equipo, con avisos. | Os teus clientes reservan sós desde a túa web, Google ou Instagram, e chégalles a confirmación e o recordatorio por WhatsApp e email. |
| Contestámosche+49 €/mes | Ves todas as túas mensaxes nun só sitio e contéstalas ti. | Un asistente con IA contesta por ti no chat da túa web as 24 horas, en 7 idiomas, tamén en galego. Avisa de que é unha IA. |
| Coidamos a túa fama+39 €/mes | Pides recensións cunha ligazón ou un QR e contéstalas desde o móbil. | Pedimos recensión aos teus clientes e contestamos todas as de Google e Facebook co teu ton. |
| Levamos as túas redes+99 €/mes | Programas as túas publicacións en Instagram, Facebook e Google. | Deseñamos e publicamos 8 publicacións ao mes en Instagram e Facebook e 4 en Google, cun calendario que aprobas antes. |
Próbao agora
É coma o que terás na túa web con «Contestámosche». Pregúntalle por prezos ou prazos: contesta ao momento e, se fai falta, avísanos.
Avisa de que é unha IA. Se prefires falar cunha persoa, dillo.
ClienteTeño unha casa rural e escríbenme por WhatsApp a todas horas. Canto custaría?
Asistente de Ilúmina (IA)Para aloxamentos adoitamos recomendar a túa web e a túa app, «Resérvanche sós» e «Contestámosche» tamén en WhatsApp e Instagram: 167 € ao mes + IVE. E ata o 31 de decembro, sen alta.
ClienteVale. Podémolo falar o xoves pola tarde?
Asistente de Ilúmina (IA)Claro. Resérvoche unha chamada de 15 minutos o xoves ás 17:00. Chégache a confirmación por WhatsApp.
Por onde comezar
Teño un negocio
Restaurante, aloxamento, perruquería, clínica, taller ou despacho. A túa web e a túa app, e as pezas que queiras enriba.
Desde 29 €/mes + IVE
Dirixo unha empresa
Diagnóstico, implantación, automatización e formación con IA, con criterio e cos teus datos baixo control.
Diagnóstico gratuíto de 30 minutos
Quero aprender IA
Cursos curtos e prácticos para usar a IA no teu traballo, con exemplos de pemes coma a túa.
O primeiro é de balde
A túa web
Lighthouse é a ferramenta de Google que mide a calidade dunha web. Entregámosche a túa coa nota máxima nas catro probas. Esta web tamén a ten.
Carga ao momento, tamén con pouca cobertura. Ninguén marcha antes de ver a túa carta ou os teus prezos.
Pode usala todo o mundo, tamén persoas maiores ou con discapacidade: 4,38 millóns en España, segundo o INE.
Segura e sen erros: conexión cifrada e nada que faga desconfiar o navegador nin os teus clientes.
Google entende que ofreces e onde estás, e pode amosarte cando alguén busca o teu preto.
Compróbao con esta web en PageSpeed de Google
Medido no móbil o día da entrega. Lighthouse só revisa unha parte da accesibilidade: o resto comprobámolo antes de entregala.
Preguntas
Non, se pagas mes a mes: marchas avisando 5 días antes de fin de mes. E agora, polo lanzamento, tampouco pagas a alta (o pagamento único por poñelo en marcha).
Non. Montámolo todo e explicámosche a app. Para calquera dúbida escríbesnos por WhatsApp, de luns a venres de 9 a 18.
Non fai falta refacela: déixala co teu provedor, dámosche a túa app por 29 €/mes e engadímoslle as pezas que queiras. Se queres que a levemos nós, orzámoscha.
Non: o prezo é a suma das pezas, sen letra pequena. O que aforras é a alta (o pagamento único por poñelo en marcha): de balde polo lanzamento ata o 31 de decembro e sempre co anual.
Teus: os teus clientes, os teus datos e o teu dominio. Exportámoschos cando queiras.
Non. Cota fixa ao mes, sen comisión por reserva nin por anuncio.
Si. Contesta en 7 idiomas, tamén en galego.
Dinos o nome do teu negocio e mandámosche a auditoría gratuíta por WhatsApp, nun día laborable.