Ir ao contido
CastellanoAuditoría gratuíta

De balde 1 · Auditoría para negocios locais

Descobre onde se che escapan os clientes

Dinos o nome do teu negocio e mandámosche por WhatsApp como te ven en Google e en internet, con tres oportunidades en euros.

  • O teu perfil de Google e as túas recensións, tamén se as respondes
  • O teu posto en Google Maps fronte á túa competencia
  • A túa web: velocidade, móbil, chat e reservas
  • Os teus datos nas guías de negocios de internet (directorios), iguais en todas
  • Se a túa web a pode usar todo o mundo
  • Tres oportunidades, coa súa cifra en euros

Valor de referencia, 290 €. Para ti, de balde e sen compromiso.

Pide a túa auditoría gratuíta

Mandámoscha por WhatsApp nun día laborable.

Por exemplo, 612 345 678.

Usamos os teus datos só para mandarche a auditoría. Máis na política de privacidade.

Así é o informe

Datos do teu negocio, non consellos xenéricos

Cada cifra en euros leva o seu cálculo á vista, para que o comprobes ti.

Exemplo con datos ficticios
Auditoría de márketing dixital
Restaurante de exemplo · Pontevedra
Google
4,3 de 5212 recensións. Respondes ao 12 %.
Google Maps
Posto 7En «restaurante Pontevedra». A túa competencia, 2 e 3.
Web no móbil
6,8 sEn cargar. Sen reservas e sen chat.
Directorios (guías de internet)
5 de 12Cun horario distinto ao real.

Tres oportunidades

1 · Contestar as mensaxes de fóra de horario: ≈ 1.080 €/mes6 reservas á semana que non se contestan × 4 semanas × 45 € por mesa

2 · Subir aos tres primeiros de Google Maps: ≈ 540 €/mes3 mesas máis á semana × 4 semanas × 45 €

3 · Pedir recensións e respondelas todas: ≈ 360 €/mes2 mesas máis á semana × 4 semanas × 45 €

Que pasa despois

Tres pasos, e o último dalo ti

  1. Mandámoscha por WhatsApp

    Nun día laborable, co máis importante en tres liñas.

  2. Se che interesa, ensinámoscho resolto

    En 30 minutos e no teu negocio: a túa web, as túas reservas e o teu asistente, xa montados coa túa marca.

  3. Ti decides

    Sen compromiso. E se te animas, mes a mes, sen permanencia e, polo lanzamento, sen pagar a alta (o pagamento único por poñelo en marcha).

Preguntas

O que adoitan preguntar

De verdade é gratuíta?

Si. É a nosa forma de comezar: se ves algo que che interesa, falamos; se non, o informe é teu igualmente.

Que necesitades de min?

Só o nome do teu negocio e a túa localidade. O resto mirámolo no que é público: Google, a túa web e os directorios.

Ídesme chamar?

Escribímosche por WhatsApp para mandarcha. Se queres vela connosco, ti escolles o día.

E se non teño web?

Tamén cha facemos. Revisamos o teu perfil de Google, as túas recensións e os directorios, e dicímosche que che está custando non tela.